![Praia de Traba]()
Un home de orixe neozelandesa desapareceu a primeira hora da noite de onte na praia laxense de Traba. Estaba acompañado da súa parella, á que lle dixo que ía bañarse. A muller quedou a ler un libro no areal, pero ao perderlle a pista decidiu chamar aos servizos de emerxencia.
No dispositivo de búsqueda participaron a Garda Civil, Protección Civil de Laxe, e efectivos de Salvamento Marítimo, tanto por mar como por aire.
Coa caída da noite, a búsqueda interrumpiuse, xa a altas horas, e vén de retomarse pola mañá. Polo de agora non hai ningún tipo de indicios sobre o paradeiro do desaparecido.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)