Sábado. 18.09.2021
El tiempo

A dragaxe do porto de Laxe, aínda ao 50% de execución

Dragaxe no porto de Laxe
A dragaxe do porto de Laxe, aínda ao 50% de execución

Parece a obra de nunca acabar. As obras do dragaxe do porto de Laxe arrincaban a finais de 2019 e onte o presidente Alberto Núñez Feijoo aseguraba que estaba superadan en “máis dun 50%”. Polo tanto quedan moitos meses de detonacións, de máquinas… para rematar uns traballos que farán “un porto máis seguro, máis accesible, con maior calado e un porto onde se vai poder traballar con máis seguridade e, polo tanto, con máis eficiencia”.

As obras contan cun orzamento de 3,6 millóns de euros e tamén teñen un proxecto de promoción e posta en valor da lonxa de Laxe e da cultura mariñeira. O obxectivo é dar visibilidade aos produtos da pesca costeira artesanal, á forma de vida dos mariñeiros e á cultura mariñeira. A maiores, a adquisición de material expositivo permitirá realizar eventos e exposicións itinerantes e está previsto crear un gran mural na fachada sur da lonxa.

Feijoo no Porto de Laxe

HISTORIA SOBRE A DRAGAXE DE LAXE

 

comentarios