Feminismo en pé convoca a concentración do 25N en Ponteceso e Laxe
09:18 25/11/24
Dende o colectivo Feminismo en Pé non fallan e volven convocar a concentración con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A cita para denunciar, visibilizar e reivindicar a loita, será este mesmo luns 25 de novembro, ás 20:00h na Praza do Recheo de Ponteceso e a mesma hora na Praza Ramón Juega en Laxe.
"En contra do que nos gustaría observar, cada vez vemos con maior preocupación como esta lacra social non só segue presente se non que medra e atopa perigosas alianzas nos discursos que negan a súa existencia ou, o que é peor, que a xustifican poñendo o foco e responsabilizando ás vítimas", denuncia o colectivo.