Luns. 07.10.2024
El tiempo

Ferido tras caerlle unha póla mentres traballaba no monte en Sarces

Igrexa e cemiterio de SArces-Laxe
Igrexa e cemiterio de Sarces
Ferido tras caerlle unha póla mentres traballaba no monte en Sarces

Pasadas as 17:15h da tarde do pasado luns, o 112 mobilizaba a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por un accidente laboral acontecido nunha finca da igrexa de Sarces, en Torrexallóns,  Laxe. Un home, duns 60 anos, e natural de Braño, empregado dunha empresa vimiancesa, era golpeado por unha póla dunha árbore mentres traballaba no monte cortando eucaliptos. Era unha póla de grandes dimensións, que lle caía na cabeza chegando a doblarlle o casco.

Quedou  inconsciente e con dificultade respiratoria, e tivo que ser evacuado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Tamén achegábanse ao lugar os axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da vila.
As forzas de seguridade tratan de esclarecer as causas do suceso.

Comentarios