José Manuel Castro Marcote dirixirá a charla e saída micolóxica de Laxe
09:47 20/11/24
Laxe celebrará o vindeiro venres, 23 de novembro, a IV edición da charla e saída micolóxica.
A xornada estenderase entre as 10 e as 13:30 horas e busca transmitir e promover a aprendizaxe dos distintos tipos de fungos, así como poñer en valor a diversidade micolóxica da zona.
O faladoiro será a cargo do poñente José Manuel Castro Marcote, socio da entidade Pan de Raposo e alma das Xornadas Micolóxicas Costa da Morte de Cee.
As prazas son limitadas, polo que se require inscrición previa que as persoas interesadas poden formalizar no 981 70 69 03.
Artigos micolóxicos de Jose Manuel Castro Marcote
- Cogomelos de Coresma.
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Intoxicación con cogomelos.
- "Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego", o novo libro de José Manuel Castro Marcote.
- Fungos insecticidas.