O Concello de Laxe edita un dvd cos seus tesouros

14:23 04/03/11

Contidos
Unha pequena curtametraxe de case 10 minutos de duración na que se fala a todos aqueles potenciais visitantes das bondades do municipio. O vídeo comeza cun amañecer e remata cunha posta de sol e durante os seus 10 minutos de duración vai describindo ós turistas o que poden atopar no noso municipio: patrimonio natural como as praias, a lagoa de Traba, os penedos de Traba, as paisaxes...; patrimonio cultural como as igrexas, o faro, os pazos, os hórreos e os cruceiros...; e fai un especial dedicatoria os desaparecidos no mar ó destacar ó final do mesmo o simulacro do naufraxio e a escultura “A Espera” que se colocou recentemente ó carón do Faro de Laxe. Pero este DVD non só contempla esta curtametraxe senón que tamén ten un traballo fotográfico de todo o patrimonio cultural e natural laxense (fotos artísticas, fotos do simulacro do naufraxio, do surf, fotos 360º...etc.). Ademais trae información útil para o turistas: un rueiro interactivo, información sobre os establecementos de restauración e aloxamento de Laxe, o calendario das festas do concello,...etc.Material turístico do Concello
Con este novo material turístico esta vez informático o Concello de Laxe vén completar a súa xa ampla oferta en material turístico en formato papel como son a Guía Turística de Laxe en galego, castelán e inglés, as rutas de senderismo en castelán e galego; os itinerarios turísticos desde Laxe pola Costa da Morte en castelán, a Guía de servizos e mailo rueiro de Laxe, a ruta dos miradoiros en galego e castelán, o póster, e o salvamantel que se regala os establecementos de hostalería de Laxe.Laxe, un tesouro por coñecer
Novas relacionadas
- A historia do Don Caietano.
- Programa do Entroido de Laxe.
- 3 casas rurais da Costa reciben a Q de Calidade Turística .
- 2010: 5 praias da Costa da Morte, entre elas a de Laxe, conta coa Bandeira Q de Calidade.
- Documental "O NAufraxio de Laxe: Unha vida no mar de Laxe.
- Unha reportaxe en vídeo do III Atalajazz 2009 .