Laxe arrinca o programa para desestacionalizar o turismo
Arrinca o ano e o Concello de Laxe, a través da súa nova concellería de “Comercio, Hostelería e Turismo” estrea o novedoso programa Reláxese. Un programa coa intención de desestacionalizar o turismo na zona, ofrecendo 9 actividades turísticas singulares por cada mes do ano.
O edil BNG Xosé Manuel Pose Lema presentou un ambicioso programa de actividades para o primeiro trimestre, tendo como principal foco de acción o Museo do Mar. A ciencia, o gastroturismo e o turismo enolóxico serán os tres primeiros protagonistas durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo respectivamente.
Son actividades que precisan inscrición previa gratuita a través da web municipal www.concellodelaxe.com/turismo ou no 981 70 69 65.
Xaneiro Científico
Este pasado sábado tivo lugar a presentación oficial. De aquí en diante, Juan Ramón Vidal Romaní e os Kaolines de Lage, ademais de Jorge Mira, serán os protagonistas.
Febreiro Gastronómico
Marzo enolóxico
Novas relacionadas
- Reláxese: Nove meses, nove actividades turísticas para desestacionalizar o turismo de Laxe.
- O BNG entra no goberno de Laxe tras asinar o pacto co PSOE.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])