Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laxe celebra un certame fotográfico familiar

cartel dia da familia 2021 copia
Laxe celebra un certame fotográfico familiar

Para conmemorar o Día Internacional da Familia, 15 de maio, o Concello de Laxe convoca o I Certame Fotográfico Familiar. O premio será unha visita ao Aquapark de Cerceda.

Poderase enviar unha foro calquera membro da familia (convivinte) ata ás 15:00h do martes 11 de maio, por emaila [email protected] ou ao 647 771 006 (o número da lista de distribución municipal “NovasLaxe”, con todos os datos de contacto.

A votación (do mércores 12 de maio ao venres 14) definirase polos “gústames” acadados na páxina de Facebook do Concello de Laxe ou polo whastapp municipal.

Haberá 3 premios para aquelas 3 fotografías que acaden máis votos, unha vez sumados os obtidos polas dúas canles antes sinalados no apartado anterior. Serán 3 packs familiares para o Aquapark, onde previsiblemente, a tempada de apertura deste ano será do 19 de xuño ao 5 de setembro.

Comentarios