![]()
Despois das citas científicas, gastronómicas e vitivínicolas arrancan as
actividades culturais que enmarcan dentro do programa Reláxese, posto en marcha polo concello de Laxe co fin de desestacionalizar o turismo na vila.
Así, acábase de poñer en marcha o
II concuso de fotografía "Laxe, Municipio Turístico Galego" co obxectivo de amosar imaxes dos distintos espazos naturais do municipio (prais, ríos, calas,...) que definan este concello como destino turístico con riqueza natural.
![]()
O xurado valorará a calidade artística da imaxe así como os criterios estéticos e conceptuais e, por suposto, a transmisión do aspecto turístico do concello de Laxe. O concurso está aberto a calquera persoa que queira participar.
O prazo de presentación de obras rematará o vindeiro 15 de maio e o premio consistirá na distribución de 1000 exemplares impresos da fotografía gañadora.
Curso de fotografía
Por outra banda, este sábado arranco o
curso teórico-práctico de fotografía “Fotos da Natureza, da paisaxe ao macro” impartido por Martín Casanova.
O curso impartirase tódolos sábados do mes de abril (8, 15, 22 e 29) de 10 a 13 horas no Museo do Mar de Laxe e tamén se realizarán saídas fotográficas. Os asistentes aprenderán o manexo da cámara, do control da luz e dos recursos expresivos. Primeiro estudarase e despois levarase á práctica a técnica e a creatividade nas imaxes da natureza.
Pode participar calquera persoa afeccionada á fotografía que sexa maior de idade. É necesario inscribirse chamando ao 981 706 965 ou directamente na
páxina web municipal.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Laxe