Martes. 16.04.2024
El tiempo

Laxe e Ponteceso tamén pensan no Entroido

Laxe e Ponteceso tamén pensan no Entroido

Xa temos coñecido varios dos entroidos da Costa da Morte. Xa temos as citas preparadas para ir a Muxía, Dumbría, Vimianzo, e como non, a Fisterra. Hoxe subimos cara o norte para ver que nos preparan para este Entroido en Laxe e Ponteceso.

Entroido de Laxe

Entroido Laxe 2013

Un entroido, o de Laxe, que se fai da man dos veciños, así que despois de manter unha primeira reunión de contacto e de carácter organizativo do Entroido coas asociacións e concello o pasado martes 15 de xaneiro, xa temos as datas perfiladas:

  • Domingo día 10 de febreiro: Desfile e festa de comparsas.
  • Venres 15 de Febreiro: Enterro e Procesión do Caietano, unha historia para coñecer de preto a deste protagonista do entroido laxense.

Así, un ano máis, a chegada do Caietano a Laxe, o propio 10 de febreiro, inaugurará as Festas do Entroido en Laxe nas que, este ano, atoparemos importantes novidades que non desvelaremos ata finalizado o mes de xaneiro.

Aínda hai unha reunión fixada para o martes 29 ás 20:15 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. Ata ese día taén se poden inscribir as comparsas mediante email ([email protected]), no teléfono: 981 70 69 71 ou asistir directamente á mencionada reunión organizativa do entroido do día 29.

Entroido de Ponteceso

Entroido Ponteceso 2013

Por Ponteceso tamén están recuperando a festa tradicional popular do Entroido. Unha das citas importantes será o XIX Desfile de disfraces no que poderán participar tódolos públicos que se inscriban previamente neste concello antes do 7 de febreiro ás 12:00 h. Ademais, todos formarán un pasarrúas que sairá da praza do Relleno ata o pavillón municipal.

Novas relacionadas

Outros Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios