Muxía reaviva o Entroido a base de pinchos e co Entroido do Percebe como fin de festa


Que mellor xeito de reavivar o Entroido de Muxía que a base de pinchos, unha vez comprobado o ben que funcionan as actividades gastronómicas? Deste xeito, o Concello de Muxía trae novidades para recuperar a tradición do Entroido en Muxía.
O entroido comezará o sábado 9 de febreiro e non parará ata o domingo 17. E terá citas singulares. Ademais da Ruta dos Pinchos, que se desenvolverán durante as dúas fins de semana, a Gran Festa do Entroido terá lugar o sábado nunha carpa instalada no Malecón, con actividades para os pequenos pola tarde, e para os maiores tirando contra a noite. Todo cun tema en común, o rollo Hippy e Belle Epoque, se ben para participar nos concursos a temática é libre.
Ademais, o martes 12 haberá un Obradoiro de doces e pratos típicos do entroido, e para o sábado 16, terá lugar un fantástico Enterro do percebe, coa queima da man dos Xaramiños do Corpiño.
Sen máis, deixámosvos co extenso programa do Entroido de Muxía 2013:

Sábado 9 de febreiro
- Ruta dos pinchos de entroido : degustación de pinchos de antroido nos bares participantes (en horario de mañá).
- Ás 5 da tarde concentración de disfraces e comparsas no Cabo da Vila para facer desfile ata a carpa onde será a festa de Entroido.
- Ás 5:30 comeza a GRAN FESTA DE ENTROIDO, na carpa instalada ao aire libre na zona do malecón.
- Haberá xogos tradicionais para nenos e adultos.
- Degustación de filloas e orellas.
- Concurso de disfraces para nenos e nenas.
- A partir das 10 da noite: baile co grupo ALASKA.
- Ás 11 da noite concurso de disfraces de adultos, con premios de ata 150€ e de 300€ para a mellor comparsa.
- No intermedio da actuación SORTEO DUN PORCO DE 70 quilos..
- Entroido temático Hippy e Belle Epoque (para participar nos concursos a temática é libre)
Domingo 10 de febreiro
- Ruta dos pinchos de entroido : degustación de pinchos de antroido nos bares participantes (en horario de mañá).
- Obradoiro de doces e pratos típicos do entroido (roscas, orellas, etc…) para nenos e nenas a partir de 9 anos (de 16 a 18 horas) no baixo do Edificio de Servizos Múltiples.
Para participar é necesario inscribirse no Concello (981 74 20 01). - Ruta dos pinchos de entroido : degustación de pinchos de antroido nos bares participantes (en horario de mañá).
- Enterro do percebe. Ás 19 horas concentración diante do edificio de servizos múltiples e percorrido do cortexo fúnebre pola vila. Queima do percebe na rambleta e gran chocolatada e música cos Xaramiños do Corpiño.
- Ruta dos pinchos de entroido : degustación de pinchos de antroido nos bares participantes (en horario de mañá).
- A Lareira gaña o IV Concurso da Tapa Muxiá co seu crocante.
- Nucha e Mucha presentarán o entroido dominical de Dumbría.
- O Entroido de Fisterra xa ten o seu cartel cheo de caras coñecidas.
- Vimianzo xa pensa no seu gran luns de Entroido.