Laxe e Ponteceso tamén pensan no Entroido

Xa temos coñecido varios dos entroidos da Costa da Morte. Xa temos as citas preparadas para ir a Muxía, Dumbría, Vimianzo, e como non, a Fisterra. Hoxe subimos cara o norte para ver que nos preparan para este Entroido en Laxe e Ponteceso.
Entroido de Laxe

Un entroido, o de Laxe, que se fai da man dos veciños, así que despois de manter unha primeira reunión de contacto e de carácter organizativo do Entroido coas asociacións e concello o pasado martes 15 de xaneiro, xa temos as datas perfiladas:
- Domingo día 10 de febreiro: Desfile e festa de comparsas.
- Venres 15 de Febreiro: Enterro e Procesión do Caietano, unha historia para coñecer de preto a deste protagonista do entroido laxense.
Así, un ano máis, a chegada do Caietano a Laxe, o propio 10 de febreiro, inaugurará as Festas do Entroido en Laxe nas que, este ano, atoparemos importantes novidades que non desvelaremos ata finalizado o mes de xaneiro.
Aínda hai unha reunión fixada para o martes 29 ás 20:15 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. Ata ese día taén se poden inscribir as comparsas mediante email (cultura@concellodelaxe.com), no teléfono: 981 70 69 71 ou asistir directamente á mencionada reunión organizativa do entroido do día 29.
Entroido de Ponteceso

Por Ponteceso tamén están recuperando a festa tradicional popular do Entroido. Unha das citas importantes será o XIX Desfile de disfraces no que poderán participar tódolos públicos que se inscriban previamente neste concello antes do 7 de febreiro ás 12:00 h. Ademais, todos formarán un pasarrúas que sairá da praza do Relleno ata o pavillón municipal.
Novas relacionadas
Outros Entroidos da Costa
- Muxía reaviva o Entroido a base de pinchos e co Entroido do Percebe como fin de festa.
- Nucha e Mucha presentarán o entroido dominical de Dumbría.
- O Entroido de Fisterra xa ten o seu cartel cheo de caras coñecidas.
- Vimianzo xa pensa no seu gran luns de Entroido.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).