Sábado. 30.05.2020
El tiempo

Laxe e Vimianzo unen forzas ante a deixadez da Xunta na promocionar os Penedos

Laxe e Vimianzo unen forzas ante a deixadez da Xunta na promocionar os Penedos
Charla sobre os Penedos en Laxe Charla sobre os Penedos en Laxe Máis que interesante a mesa redonda celebrada o pasado venres 1 de xuño no Museo do Mar de Laxe. Unha cita histórica para a Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, promovida pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, que contou coa asistencia do Catedrático Augusto Pérez Alberti, o escritor e historiador Xosé María Lema, o xornalista da Voz, Juan Ventura Lado. Se algo fixo especial o acto foi a xuntanza por vez primeira nun acto público dos representantes políticos dos Concellos implicados na Paixase. Pola banda de Vimianzo asistiu Marta Rei, Concelleira de Cultura. E pola banda de Laxe o Alcalde José Manuel Mouzo e o Concelleiro de Turismo Xosé Manuel Pose. O Alcalde Laxe falou de consenso entre concellos e dunha desexable cooperación como modelo para activar a protección e promoción da paisaxe que comparten Laxe e Vimianzo. A continuación Xosé Manuel Pose, dou lectura á carta coa que convidou á consellería de Medio Ambiente, a ter presenza no acto. E tamén ó escueto rexeitamento enviado dende a secretaría da consellería. Abriu a porta a futuras accións, baixo a perspectiva única de enriquecer o espazo no seu conxunto. Xosé María Lema fixo un repaso polas actuacións que levou a cabo o SEMESCOM dende o ano 1997 ata a actualidade, no tocante ós Penedos. Este repaso serviu para darlle entrada ó vídeo “A arte dos dedos no tempo”, tamén editado polo Seminario. Juan Lado, falou desde o punto de vista informativo, destacando o papel social que realizan os medios de comunicación dando cobertura os Penedos de Pasarela e Traba dende tres ópticas: a información crítica, a información científica, e a información vistosa. Alberti, aportou o punto de vista xeolóxico e xeomorfolóxico, a través dun modelo dixital e de ortofoto combinados. Falou tamén de que os Penedos poden ser catalogados coma únicos a nivel incluso peninsular. Marta Rei, concelleira de Vimianzo, expuxo as actuacións do concello de Vimianzo ó longo dos anos e propuxo a conmemoración do décimo aniversario da declaración oficial, por medio da organización dunha marcha de unión e reivindicativa. Descontento xeneralizado coa deixadez da Xunta de Galicia, e ánimos de cooperación entre os dirixentes políticos de Laxe e Vimianzo. Ese pode ser o resumo da I Mesa Redonda sobre a Paisaxe dos Penedos, programada dentro da “Primavera científica e cultural” da Concellería de Turismo de Laxe.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/augusto-perez-alberti-e-lamentable-que-a-xunta-non-fixera-nada-dez-despois-da-declaracion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela-como-paisaxe-protexida/   https://quepasanacosta.gal/unindo-forzas-entre-concellos-para-salvar-os-penedos/

Fonte

comentarios