Domingo. 24.10.2021
El tiempo

Laxe entregou os premios do Certame Fotográfico Familliar e prepara un novo concerto infantil

Entregas de Laxe
Laxe entregou os premios do Certame Fotográfico Familliar e prepara un novo concerto infantil

A Concelleira de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, Raquel Lema Allo fixo entrega nesta semana dos diplomas e vales para o aquapark de Cerceda a dúas das 3 familias gañadoras. A terceira familia recollerráos no vindeiro mes de xullo cando cheguen a Laxe de vacacións.

Musicreques

O vindeiro sábado 12 de xuño, vén a Laxe un espectáculo protagonizado por dúas profesoras superiores de piano, Alma e Loreto, que no ano 2012 formaron o grupo "Musicreques", un dúo de piano a catro mans e teatro de monicreques.

O fío conductor do espectáculo "Contos do ceo, da terra e do mar" é o respeto a natureza e a importancia da reciclaxe, escollido especialmente para o mes de xuño,s no que se conmemoran os Días do Medio Ambiente e dos Océanos, 0 5 e 8 de xuño respectivamente.

Contos de animais narrados con acompañamento de música de piano en directo e outros efectos sonoros realizados con instrumentos de pequena percusión. Tamén se empregarán monicreques e outros recursos para que os pequenos/as espectadores/as podan gozar máis do espectáculo e foméntase a participación do público con interpelacións, cancións e palmas. No espectáculo poderán escoitarse ao piano, pezas do repertorio clásico e tamén cancións propias do grupo Musicreques.

Musicreques en laxe

comentarios