Venres. 23.08.2019
El tiempo

Laxe mollouse pola igualdade

Laxe mollouse pola igualdade

Aínda quedan ecos doutro novo histórico 8 de marzo, demostrando que a loita non pode ficar no día de turno. O Concello de Laxe artellou por terceiro ano unha marcha saudable feita con carácter de apoio e reivindicativo da existencia da verdadeira igualdade de sexos.

Foron moitas as familias que se uniron á cita de 3km, con saída dende a Casa do Concello e remate na Praza dos Voluntarios. [email protected] posaron cos lemas #Eumóllomepolaigualdade e #Cóidate #Quérete.

Familias de Laxe mollaronse pola igualdadeFamilias de Laxe mollaronse pola igualdade 2

Accións en Pontecesoigualdade ponteceso

O alumnado de secundaria do IES Eduardo Pondal participará no Programa Igualdade Ponteceso, promovido pola Concellería de Servizos Sociais A iniciativa, que se desenvolverá os días 26 e 27, coincidindo coa Semana Cultural do centro, pretende sensibilizar á mocidade sobre a igualdade e contra a violencia de xénero.

As xornadas, dirixidas ao alumnado da ESO, constarán de catro sesións diarias, unha por grupo, que se desenvolverán de 09:20 a 13:10 horas. A temática xirará arredor da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Ademais, os/as estudantes terán a oportunidade de poñer en práctica todo o aprendido confeccionando divertidas e enxeñosas chapas e adhesivos que poderán personalizar con mensaxes que promovan a igualdade, o respecto, a tolerancia e a liberdade. Unha vez impresos, cada participante recibirá o seu deseño como recordo da actividade.

Novas do 8 de mar

Comentarios