Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ecos oleiros e redeiros do 8M en Malpica

Celebracion do 8 de marzo en Malpica
Ecos oleiros e redeiros do 8M en Malpica

Celebracion do 8 de marzo en Malpica 2Malpica acolleu esta fin de semana unha nova xornada conmemorativa do Día Internacional da Muller que se converteu, ao mesmo tempo, nunha homenaxe a dous sectores fundamentais, tanto dende o punto de vista económico coma social, do concello malpicán: a pesca e a olería.

Os testemuños de Angeles Mille Rodriguez e Carmen Isabel Labrador Fariña lembraron que aínda queda moito por avanzar en materia de igualdade, pero tamén, como destacaron as dúas protagonistas da tarde, que xa é moito o que se leva avanzado nos últimos anos.

Xunto a elas estivo Ana López, presidenta provincial de Mulleres en Igualdade, que introduciu as distintas intervencións, e tamén participaron a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorin, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, para manifestar unha vez máis o compromiso do Concello de Malpica coas políticas que contribúan a seguir camiñando cara a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes.

Novas relacionadas

Comentarios