Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe ordea a súa imaxe turística controlando a colocacións dos carteis publicitarios

Laxe ordea a súa imaxe turística controlando a colocacións dos carteis publicitarios
Unha marquesina de Laxe chea de carteis vellos Unha marquesina de Laxe chea de carteis vellos Os carteis de festas pegados en calquera sinal de tráfico, nas paradas de autobuses... Un clásico do feísmo contemporáneo da Costa da Morte que pasarán a mellor vida en Laxe. A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, vén de conseguir a probación en pleno dunha "ordenanza reguladora da actividade publicitaria exterior en lugares públicos e outra sobre a explotación de servizos turísticos e venda de artigos de promoción". Unha idea para "mellorar o estado estético dos lugares comúns e así mellorar a imaxe que proxectamos como pobo e tamén como destino turístico", sinalan dende a concellería de Xosé Manuel Pose. Unha normativa que atinxirá a cousas como os carteis de propagandas electorais, as campañas publicitarias comerciais, e os eventos organizados por entidades tanto privadas coma públicas, incluíndo, obviamente, aquelas organizadas polo propio Concello de Laxe. A iniciativa pretende servir tamén para concienciar á cidadanía en dúas cuestións básicas:
  • Por un lado o feito de que calquera acto de publicidade na rúa debe contar coa respectiva autorización municipal, posto que na maioría dos casos, e por descoñecemento, colócase abundante carteleira e soportes direccionais, que carecen do control, a harmonía e os permisos pertinentes.
  • E por outro lado, tomar conciencia xeral de que mellorar o estado dos espazos públicos supón asumir un proxecto de convivencia, que mellora a calidade da imaxe que proxectamos como pobo e como destino turístico.
A medida comprende tamén a regulación de aspectos publicitarios concretos, como o caso das propagandas electorais, as campañas publicitarias comerciais, e os eventos organizados por entidades tanto privadas coma públicas, incluíndo, obviamente, aquelas organizadas polo propio Concello de Laxe. A Concellería lembra que Laxe está oficialmente declarado Municipio Turístico Galego, e está entre os concellos máis visitados de Galicia. Ante isto, a concellería de turismo promove a redacción dunha ordenanza reguladora que contemple a explotación de certos servizos prioritariamente dirixidos a turistas (visitas guiadas, aluguer de bicicletas, actividades deportivas, excursións, etc.), e venda de artigos de promoción relacionados cos recursos culturais e turísticos (recordos, postais, artesanías, guías, libros, e demais obxectos publicitarios e de merchandising, incluíndo a imaxe corporativa municipal). Nos dous casos, os prezos públicos estarán fixados polo Concello.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/laxe-define-o-perfil-do-seu-visitante/

Comentarios