Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Laxe pon en valor as procesións do Santo Enterro e o Rosario da Boa Morte

Santo Enterro na Semana Santa de Laxe-Foto-Jose Manuel Ojen
Imaxe dunha procesión do Santo Enterro na Semana Santa de Laxe-Foto-Jose Manuel Ojén
Laxe pon en valor as procesións do Santo Enterro e o Rosario da Boa Morte

Ademais da programación cultural de Semana Laxe tamén fachendea dunhas procesións históricas, como o Santo Enterro ou o Rosario da Boa Morte.

Así, Concello a asociación Parroquias de Laxe lanzan o cartel e a programación para esta Semana Santa, unha das máis importantes da comarca de Bergantiños.

SEMANA SANTA LAXE Cartel 2024

As actividades darán comezo este venres, 22 de marzo, ás 19:30 horas coa misa solemne na honra á Virgen de los Dolores. O día 24, Domingo de Ramos, terá lugar, ás 12:30 horas, a bendición dos Ramos na Praza.
O xoves Santo, día 28 de marzo, ás 19:00 horas celebrarase a santa misa da institución da Eucaristía, co lavadoiro de pés, o sermón do mandato, a comuñón xeral e procesión ao Monumento. De maneira seguida, dará comezo a Procesión do Nazareno e a Virgen
Dolorosa. Ás 23:30 horas comezará a adoración nocturna.
O venres Santo, 29 de marzo, será o gran día, dando comezo ás 06:00 horas co canto á Paixón en Verso. Continuará ás 11:00 horas coa Procesión e Predicación do Encontro do Señor coa Virxe, na rúa da amargura. Ás 18:00 horas será o oficio da Paixón e Morte
do Señor. Por último, ás 23:00 horas, dará comezo a procesión do Santo Enterro e Rosario da Boa Morte.
O sábado, día 30, terá lugar a procesión e cántico na honra do Cirio Pascual e o domingo, 31 de marzo, pecharase a semana coa procesión co Santísimo Sacramento ás 12:30 horas e a Misa Solemne do domingo de Pascua de Resurrección.

Máis novas de Semana Santa
 

 

Comentarios