Venres. 30.09.2022
El tiempo

Laxe presenta as escolas deportivas para os próximos meses

escolas-deportivas-laxe-2022-2023
Escolas Deportivas do Concello de Laxe
Laxe presenta as escolas deportivas para os próximos meses

O próximo 3 de outubro arrancan as escolas deportivas para este 2022/2023 promovidas polo Concello de Laxe e para as cales xa están abertas as inscricións que se poden formalizar no departamento de Deportes (entre as 10:00 e as 14:00 horas) ata o vindeiro mércores, 28 de setembro.

Entre as actividades programadas nas escolas deportivas atópanse as de ritmo e movemento, predeporte, fútbol sala para biberóns/prebenxamíns, patinaxe, hóckey a patíns, baloncesto e taekwondo. Fóra das escolas tamén se desenvolverán sesións de pilates, adestramento HIIT, ximnasia terapéutica ou zumba. Todas as actividades teñen un límite de prazas e aquelas que non superen as cinco persoas inscritas serán suprimidas ou substituídas por outras modalidades.

escolas-deportivas-concello-laxe-2022

Ximnasio municipal

Por outra banda, o Concello tamén organizou novos horarios para o ximnasio municipal. Destinado a persoas nadas antes do 2008 inclusive, estas poderán realizar diversas actividades de luns a xoves, de 10:00 a 12:30 horas e de 15:30 a 20:30 horas, e os venres de 15:30 a 20:30 horas.
Esta programación deportiva rematará o 31 de maio de 2023.

Segundo informan dende o Concello, en función da evolución da pandemia por Covid-19 as escolas deportivas poderán sufrir paróns temporais ou modificacións no aforo.

comentarios