Martes. 01.12.2020
El tiempo

Laxe solicita o cambio de Distrito Forestal

Reunión telemática de Pérez Añón co Conselleiro
Reunión telemática de Pérez Añón co Conselleiro
Laxe solicita o cambio de Distrito Forestal
A día de hoxe os 7 concellos de Bergantiños forman parte do Distrito Forestal II (Bergantiños-Mariñas Coruñesas), que vai dende Aranga ou Curtis, ata Laxe. Lonxe queda a central de Betanzos.

Esta situación fai que o alcalde de Laxe, José Luis Pérez, solicitase este pasado venres ao conselleiro do Medio Rural, José González, durante unha unha xuntanza telemática, o cambio de distrito, e pasar a formarte parte do Distrito V-Fisterra, que ten base en Vimianzo. O Conselleiro trasladoulle que están estudando o asunto a nivel autonómico, e que anotaban a petición.

De igual xeito, o alcalde pediu unha motobomba, e a Xunta toma nota da petición. O que agora probablemente non vai poder ser, por agora, é a desbrozadora que tamén lle pediu o alcalde laxense.

O Conselleiro, pola súa parte, agradeceu ao Cocnello terse adherido ao convenio de protección das aldeas, asinado entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga. Un convenio a prol da prevención de lumes, e propuxo que o concello analizase os diferentes núcleos poboacionais para poder crear algunha aldea modelo.

comentarios