Martes. 19.03.2024
El tiempo

Aprendendo a coñecer o solo

Aprendendo a coñecer o solo

Está inmerso o Concello de Carnota nun interesante Curso de Agricultura Ecolóxica. Xa vimos que o Carnota é o epicentro da actividade agrícola ecolóxica na bisbarra, sobre todo gracias ao traballo da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa que leva o nome de Quilmas por todo o país. E o Concello quere reafirmar esta aposta e vén de conseguir a través do Programa de Transferencia Tecnolóxica da Consellería de Medio Rural, subvencionado con Fondos Europeos, dous cursos ben interesantes, un de agricultura ecolóxica e outro de Aproveitamento do Monte.

O que xa está en marcha é o primeiro. Uns 25 alumnos, de diferentes perfís (todos maiores de idade e tanto traballadores como parados) comezaban na tarde de onte o curso que imparte a Asociación Galega Serra do Bocelo. Cada tarde, teñen 4 horas de clase na Domus Atlántica de Porto Cubelo, en Lira, ata completar as 40 horas teóricas, e ademais terán 8 horas de traballos de campo, para practicar o aprendido.

Asistentes ao Curso de Agricultura Ecoloxica de Carnota-Foto- Ovidio Castro

Polo de pronto están asentando conceptos como a Fertilidade do solo, as Técnicas de cultivo na agricultura ecolóxica, a Fertilización na agricultura ecolóxica, a Protección fitosanitaria ou a Comercialización e certificación de produtos ecolóxicos.

Esperemos que de aquí saian novos proxectos de vida, pois a ata a Conselleira anunciaba o ano pasado un aumento do 4000% na produción Agricultura Ecolóxica certificada en Galicia, destacando que a facturación anual do sector xa ronda os 20 millóns de euros. Todo un mundo por explotar.

Vindeiro curso: Aproveitamento do Monte

O O vindeiro 17 de outubro comeza un curso de aproveitamentos do monte dirixido a parados e traballadores en activo. O curso, dirixido ás Comunidades de Montes e que imparte a Asociación Montes da Galiza (MONTEGAL), terá unha duración de 40 horas, repartidas en 32 teóricas e 8 prácticas. Ó remate do curso realizarase unha viaxe didáctica para visitar comunidades de montes.

Máis información e inscricións

O prazo de inscrición estará aberto ata o lúns 15 de outubro, e debe facerse no Departamento de Desenvolvemento Local ou ben no teléfono 981 85 70 32.

  • Para máis información Departamento de Desenvolvemento Local (Lola) do Concello de Carnota ou no 981 857 032.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios