Laxe vólcase ca nutrición saudable


A nutrición saudable é un concepto que aínda ten moito camiño por percorrer nunha Costa da Morte acostumada á cociña tradicional. E nese camiño a Asesora nutricional, Noa Vázquez Rendal está a desenvolver unha serie de obradoiros no centro de terapias Alquimia, situado en Laxe.
I é que como comenta Noa, "hoxe en día, algunhas das enfermidades máis comúns e perxudiciais están directamente relacionadas coa nosa forma de alimentarnos". Así, "este ciclo de obradoiros pretende ensinar a comer de xeito adecuado para previr estes, e outros, problemas de saúde e tamén aportar consellos útiles sobre cómo mellorar a dieta no caso de padecer xa alguna destas enfermidades".
Xa están en marcha a serie de obradoiros de alimentación saudable para distintas enfermidades. Haberá un ao mes, nos que haberá unha parte teórica e unha práctica na que cociñaremos receitas moi moi saudables. O primeiro será xoves 8 de novembro e tratará os "Aspectos xerais nunha alimentación saudable".
Pero en total son 8 os cursos que están prantexados para os vindeiros meses.
- 08-11-12: Aspectos xerais nunha alimentación saudable.
- 13-12-12: Alimentación para a saúde cardiovascular.
- 10-01-13: Alimentación en problemas reumáticos e osteoporose.
- 07-02-13: Alimentación en sobrepeso e obesidade.
- 07-03-13: Alimentación contra o cancro.
- 11-04-13: Alimentación neuroprotectora e antienvellecemento prematuro.
- 09-05-13: Tóxicos na alimentación.
- 06-06-13: Alimentación depurativa e revitalizante.
Máis información e inscricións
Novas relacionadas
- Aprendendo a coñecer o solo.
- Carnota reafírmase como centro de agricultura ecolóxica con premios e cursos.
- Agricultura eco-lóxica.
- O teatro volve a Laxe por Outono.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).