Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Licitadas as sendas de Soesto e Serantes

Igrexa e cemiterio de Serantes-Laxe
Igrexa e cemiterio de Serantes
Licitadas as sendas de Soesto e Serantes

Continúa o Plan de sendas da comarca de Bergantiños da Xunta. E faino por Laxe, para onde o ente autonómico vén de licitar por máis de 310.000 euros as obras para execución das sendas de Soesto e de Serantes. Son máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da estrada AC-433, que servirán para conectar, pola marxe esquerda da vía, os lugares do Rueiro e Castrelo, en Soesto, e pola marxe dereita, o núcleo de Serantes coa igrexa de Santa María e o cemiterio.

Máis concretamente, a senda do núcleo de Soesto proxéctase pola marxe esquerda da AC-433 e ten como obxectivo conectar os lugares do Rueiro e Castrelo. Executarase un itinerario de preto de 600 metros de lonxitude, do punto quilométrico 10+240 ao 10+821, o treito máis urbanizado e, tamén, o que empregan os veciños para ir á praia de Soesto.

No caso de Serantes, a senda executarase ao longo de algo máis de 700 metros de lonxitude pola marxe da estrada actual, pero apoiada na antiga traza, entre os núcleos de Conlle e O Piñeiro. Neste caso, o itinerario discorrerá pola marxe dereita da vía, entre os puntos quilométricos 11+390 ao 12+112, para favorecer a conexión coa igrexa de Santa María de Serantes e o cemiterio.

As empresas interesadas en facerse cargo destas obras, que teñen un prazo de execución de 8 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 14 de febreiro.

Comentarios