Mércores. 21.02.2024
El tiempo

Máis de 140 persoas participarán no III Encontro de Turismo da Costa da Morte

Imaxe do encontro da CMAT de 2021
Imaxe do encontro da CMAT de 2021
Máis de 140 persoas participarán no III Encontro de Turismo da Costa da Morte

Esta tarde de martes 28 de novembro, o Complexo Turístico A Torre de Laxe acolle o III Encontro de Turismo da Costa da Morte. Esta cita anual é un espazo de celebración do traballo en rede, de intercambio de ideas, experiencias e propostas, así como de posta en valor do traballo da CMAT para impulsar o crecemento económico e social do xeodestino a través do Turismo.

Abrirá a xornada e dará a benvida o presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muíño, para dar paso a Xosé Manuel Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia, que falará sobre o futuro do turismo en Galicia e na Costa da Morte. Posteriormente, Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, dará a coñecer o impacto no territorio dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino. Da evolución do destino e a traxectoria da CMAT falará Marta Rodríguez, responsable da Secretaría Técnica da CMAT.

Haberá tempo para compartir os resultados da implantación do SICTED no destino, aprender sobre as novas fórmulas de promoción na rede e as oportunidades para a astrofotografía e o astroturismo na Costa da Morte, grazas á colaboración dos expertos Emilio Cuíñas, de Autoxiro; Nuria P. Espasandín, de Toxío.gal e Óscar Blanco, de Trevinca Skies.

presidente de APTCM, Pepe Formoso, rematará a quenda de relatorios falando sobre o asociacionismo empresarial como motor de cambio no desenvolvemento turístico do xeodestino, para dar paso á entrega do recoñecemento Embaixador da Costa da Morte 2023, por parte de Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra.

Máis novas

Comentarios