A CMAT propón situar a Costa da Morte como destino familiar
Na intención de desestacionalizar o noso sector turístico, o ente xestor do noso Xeoturismo, a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), vén de lanzar a campaña #CostaDaMorteEnFamilia para incentivar as visitas de familias no outono e inverno.<&/p>
Para iso invitou unha Familia Viaxeira e Blogueira a pasar unha fin de semana semana, para espallar a súa experiencia nas súas redes. A familia de @uxiaviaxeiragarcia integrada pola nai Uxía, o pai Marco e as fillas Mara, de 6 anos, e Martina, de 8, estiveron polos concellos Laracha, Coristanco, Vimianzo, Camariñas, Malpica e Mazaricos.
O sábado 7 de setembro gozaron dun paseo pola vila de Caión e as súas praias. En Malpica, percorreron a ruta que separa a praia de Seaia do miradoiro situado no Cabo de Santo Hadrián. Ese día, pola tarde, o grupo visitou o Refuxio de Verdes, en Coristanco, á beira do río Anllóns, para continuar co itinerario pola Ruta dos Naufraxios, en Camariñas. Rematou o día cun solpor no Faro Vilán. Os catro membros da familia @uxiaviaxeiragarcia aproveitaron o domingo 8 para pasear pola vila de Camariñas e visitar o Castelo de Vimianzo. Xa pola tarde, ante de rematar a súa viaxe, tiveron tempo para coñecer a ruta das fervenzas de Mazaricos.
Pronto compartirá a experiencia cos seus 17.000 siareir@s.