Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Os 34 establecimentos propostos polo CMAT para obter a certificación SICTED

Sesion tecnica do CMAT
Os 34 establecimentos propostos polo CMAT para obter a certificación SICTED
O certificado “Sistema de Calidade Turística en Destino”, coñecido como SICTED, forma par te dun proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (Setur), que, cunha metodoloxía propia, contribúe a implantar un sistema de xestión de calidade contando cos axentes turísticos locais públicos e privados, que obteñen un distintivo de Compromiso coa Calidade Turística á vez que pasan a formar parte da rede de destinos SICTED de todo o territorio de España.

Na Costa da Morte leva varios meses inserida nesta iniciativa, e vén de superar o Ciclo de implantación. Así, das 46 empresas que optaban inicialmente ao certificado, a CMAT, co apoio de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña, decidiu no marco da Mesa de Calidade reunida onte xoves no Centro Sociocultural de Baio, que sexan 34 os establecimentos propostos para que sexan examinados Secretaría de Estado de Turismo.

Nesta convocatoria puideron participar aloxamentos rurais, hoteis, apartamentos turísticos, albergues, empresas de turismo activo, museos, oficinas de información turística, centros de interpretación e un balneario.

Os 34 establecimentos

E a lista dos 34 elexidos polo seu Compromiso de Calidade Turística son:

  • 1. Centro de Interpretación dos Muíños de Auga, A Laracha
  • 2. Oficina de Turismo de Caión, A Laracha
  • 3. Casa de Verdes Turismo Rural, Cabana de Bergantiños
  • 4. Turismo Rural O Xastre de Anos, Cabana de Bergantiños
  • 5. O Mar de Preciosa, Camariñas
  • 6. O Refuxio do Náufrago, Camariñas
  • 7. Balneario de Carballo
  • 8. Casa Rural Mar de Queo, Carballo
  • 9. Oficina de Turismo de Carballo
  • 10. Hotel Faro de Lariño, Carnota
  • 11. Oficina de Información Turística de Carnota
  • 12. As Eiras Hotel, Cee
  • 13. Atlantis Adventure, Cee
  • 14. Oficina Información Turística Municipal de Cee
  • 15. Museo da Pataca de Coristanco
  • 16. Kayak Ézaro, Dumbría
  • 17. Oficina Información Turística O Ézaro – Dumbría
  • 18. Hotel Bela Fisterra
  • 19. Hotel Semáforo de Fisterra
  • 20. Museo do Mar de Laxe
  • 21. Oficina Municipal de Turismo de Laxe
  • 22. Hotel Playa de Laxe
  • 23. Casa da Vasca, Malpica de Bergantiños
  • 24. Centro de Artesanía e Tradición (CAT), Malpica de Bergantiños
  • 25. A de Loló Alojamiento con encanto, Muxía
  • 26. Albergue Bela Muxía
  • 27. Apartamentos Touriñán Mar, Muxía
  • 28. Casa Castiñeira, Muxía
  • 29. Casa de Trillo, Muxía
  • 30. A Casa da Canle, Vimianzo
  • 31. Casas da Fontenla, Vimianzo
  • 32. Castelo de Vimianzo
  • 33. Hotel Rústico Casa do Vento, Zas
  • 34. Torres do Allo, Zas

“Ademais de elevar a calidade dos servizos turísticos da Costa da Morte, o SICTED está a servir de ferramenta para crear e consolidar destino, contribuir ao achegamento e traballo en rede dos profesionais do turismo do noso territorio, ao mellor coñecemento da oferta turística e ao fomento de novas oportunidades de colaboración neste sector”, destacan dende a CMAT.

Proceso

CMAT SIDTEC
 O director de Autoxiro, Emilio Cuíñas, presentou os resultados deste traballo na Mesa de Calidade da Costa da Morte, da que forman parte a Xunta Directiva da CMAT, da cal estiveron presentes Manuel Muíño, María Lema, Pepe Formoso, José Muíño e Damián Álvarez; a xestora SICTED do destino, Marta Rodríguez; Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña, representadas nesta ocasión polos técnicos Enrique P. Etcheverría e Silvia Pérez, respectivamente.

A CMAT explica como foi o proceso de formación, asesoría e avaliación, que comezou no pasado mes de xuño, foi realizado pola empresa Autoxiro. A Mesa de Calidade foi a encargada de elevar a proposta de certificación dos 34 establecementos, analizando a participación, compromiso e cumprimento dos requisitos do SICTED de cada un deles.

As entidades que superaron este Ciclo 1 de implantación e logren a certificación no Comité de Distinción que se celebrará en Madrid en decembro, obterán o distintivo Compromiso de Calidade Turística e pasarán directamente ao Ciclo 2 no vindeiro ano. Cada ciclo de implantación ten unha duración estimada dun ano e inclúe formación sobre metodoloxía, atención ao cliente, boas prácticas ou lexislación, entre outros, ademais do asesoramento individualizado en materia de calidade, deseño e implantación de plans de mellora; e obradoiros colectivos para resolver dúbidas e abordar temáticas de interese para o destino.

Novas relacionadas

 

 

Comentarios