Luns. 09.09.2024
El tiempo

En marcha dúas novas sendas para Soesto e Serantes

Captura de pantalla 2021-10-31 a las 17.57.33
Imaxe da estrada pòr Castrelo
En marcha dúas novas sendas para Soesto e Serantes

O Consello da Xunta aprobaba este venres dúas novas actuacións no marco do Plan de sendas de Galicia na comarca de Bergantiños. Trátanse de dúas sendas peonís no concello de Laxe, de algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da estrada AC-433. Conectarán pola marxe esquerda da vía os lugares do Rueiro e Castrelo, en Soesto, e pola marxe dereita, o núcleo de Serantes coa igrexa de Santa María e o cemiterio.

A actuación, cun investimento de 334.000 €, facilitará os desprazamentos a pé dos veciños e favorecerá unha mobilidade máis segura e sostible nestes núcleos.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocará o levantamento das actas previas das expropiacións e licitará as obras entre finais de ano e principios de 2022.

Comentarios