Martes. 16.04.2024
El tiempo

Novo curso gratuíto para sacar o certificado profesional en atención sociosanitaria a persoas no domicilio en Laxe

Curso Colaxe Atencion Sociosanitaria
Novo curso gratuíto para sacar o certificado profesional en atención sociosanitaria a persoas no domicilio en Laxe

Segue o Centro de formación Colaxe realizando cursos formativos de gran interese e necesidade. Desta volta, trátase dun curso de 618 horas de formación gratuíta, sufragado a través de diferentes administracións, para sacar o Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio.

Desenvolverase do 18 de abril ao 30 de setembro en horario de luns a venres de 9:00h a 14:00h. Hai 15 prazas e o vindeiro luns 21 ás 17:30 h será a proba de selección de persoal no Centro Colaxe. Poden inscribirse en 981 72 83 10.

Comentarios