Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O balizamento das boias crea unha nova revolta no sector pesqueiro

O balizamento das boias crea unha nova revolta no sector pesqueiro

"Se a partir de agora as boias teñen que levar unha banda reflectante, vai haber moitos problemas de confusión en situación de rescate". Así valora Luís Rodríguez, da Asoar-Armega, a nova proposta de balizamento de boias que pretende aprobar a Consellería do Mar en menos de 15 días. Unha proposta que dende o sector vese como "perigosa" precisamente pola posibilidade de crear confusións para os efectivos de salvamento no momento de calquera hipotético rescate nocturno.

Nesa liña a propia ASOAR, solicitaba unhas horas despois da publicación do Decreto 15/2011, do 28 de Xaneiro, "que se corrixa o artigo 11 do capítulo II que é o dedicado ao balizamento de artes, posto que neste novo decreto esíxese que as boias estean provistas dun elemento reflectante (...) pódese dar unha interferencia real e negativa coa prioridade de localización por parte dos servizos de salvamento de mariñeiros en situacións moi difíciles", segundo explican dende a entidade radicada en Corcubión.
De feito, os propios pilotos dos helicópteros de salvamento apuntaron a existencia de moitas luces nas rías galegas pode complicar a súa actividade, confundilos en determinados momentos".

Reunión sobre a PCC

Sobre a Política Pesqueira Común xa ten falado a ASOAR ARMEGA mesmo en Bruxelas. Pero o debate atínxenos a todos, e esta pasada semana a entidade participou nunha mesa de traballo convocada polo BNG e coa participación do sector pesqueiro.
Nesta Primeira Mesa de Traballo na defensa do Sector Pesqueiro da Costa da Morte organizada polo BNG de Laxe, participaron membros da Confraría de Pescadores de Laxe, Confraría de Pescadores de Camelle, Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR- ARMEGA), Asociación de Volanteiros de Galicia (AVOGA), Federación Galega de Redeiras Artesás (O PEIRAO), Asociación de mariscadoras/es de Galicia (AGAMAR), Asociación de Pesca Artesanal (APESAR) e Pescados Jesús Pedreira, SL.

As principais conclusións da mesa son as seguintes:

  • Demandar á Comisión de Pesca Europea que se defina a Pesca Artesanal consensua e directamente co Sector Pesqueiro para que esta actividade pesqueira se incluia na PCP e se trate nela de xeito adecuado segundo a súa definición.
  • Solicítar a retirada do sistema de totales admisibles de captura (TACs) e cuotas para a Pesca Artesanal.
  • Reclamar que a lexislación actual se adapte á realidade da actividade pesqueira artesanal e marisqueira no relativo, por unha banda, á relación potencia- motores/eslora en aras dunha maior seguranza para os traballadores e as súas embarcacións e pola outra, ás cuotas de pesca establecidas.
  • Requirir un maior control do peixe e marisco importado de Terceiros Países pois estase introducindo no noso mercado con menos, ou ningún, control sanitario respecto do galego, sin etiquetar ou etiquetado como tal.
  • Pedir un sistema máis xusto de axudas para a Pesca Artesanal.
  • Solicitar que se esixa a trazabilidade das artes e aparellos montados e reparados para acabar co intrusirmo na actividade das redeiras.
  • Esixir que, dado que a frota galega representa ao redor dun 80% da frota do estado, unha representación do Sector Pesqueiro Galego que a través do Goberno Autonómico, esté sempre presente, con voz e voto, nos órganos de decisión da Política Pesqueira Común.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa da ASOAR-ARMEGA e do BNG.

Comentarios