Xoves. 28.03.2024
El tiempo

ASOAR-ARMEGA volveu ser a voz da pesca artesanal no Parlamento Europeo

ASOAR-ARMEGA volveu ser a voz da pesca artesanal no Parlamento Europeo

Por segunda vez, o Secretario da Asociación de Pequenos Armadores de Galicia, ASOAR-ARMEGA, o corcubionés José Luis Rodríguez, participou nunha sesión do Parlamento Europeo da Pesca, en Bruxelas. A ASOAR representou ao sector da pesca artesanal de toda Europa, nunha sesión sobre Política Pesqueira Común na que participaron máis representantes de lobbies empresariais como Mcdonals ou Burguer King.

E Rodríguez non calou e parafraseando o título da conferencia "Non queda peixe no plato", deixou patentes ante os Parlamentarios e perante da Comisaria Europea de Pesca os problemas polos que está a atravesar a flota pesqueira artesanal derivados das políticas, esquemas e lóxicas aplicadas dende a Unión Europea. E o fixo falando en nome da Costa da Morte, unha pequena zona do litoral de Galicia, a noroeste da península ibérica.

Continúa así ASOAR formando parte da Comisión que prepara o documento final da reforma da Política Pesqueira Común. Un documento que levará tempo, pois aínda estamos coas sesións previas, pero a intención da ASOAR, que participa gracias a Greenpeace, é seguir formando parte da Comisión na propia redacción do documento.

Separar artesanal de industrial

Unha vez rematado o evento iniciouse unha rolda de preguntas e valoracións, creándose o oportuno debate. En total realizáronse cinco preguntas ou valoracións, das que tres foron dirixidas e orientadas sobre a exposición realizada por José Luis, coincidindo en moitos dos aspectos plantexados, sobre todo na necesidade impetuosa de definir e diferenciar á pesca costeira artesanal, das demáis pesquerías industriais ou semiindustriais. I é que dende ASOAR teñen claro que non se poden aplicar as mismas políticas para os dous sectores, co claro prexuicio para as flotas máis pequeñas.

Durante a súa intervención, a Comisaria moustrouse sorprendida e agradeceu aos parlamentarios a súa alta participación na Conferencia, o que demostraba o seu compromiso co sector pesqueiro e máis concretamente co sector artesanal. Así, entre os asistentes atopábase o eurodiputado socialista Antolín Sanchez Presedo e a voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda.

Unha proposta costeira que triunfa en Europa

A unha pregunta da parlamentaria Ana Miranda, Rodríguez explicou o traballo da entidade co proxecto "Limpando as nosas rías", no cal os propios mariñeiros dedican unha sesión de voluntariado para limpar os fondos mariños das rías galegas.

Unha explicación de 6 minutos que calou nos asisntentes, e de contado, ao remate da sesión, o secretario recibiu felicitacións e preguntas por parte de varias entidades inglesas, alemanas, suecas e francesas. Moi interesante a proposta dunha empresa alemana dedicada á divulgación medioambiental, que se interesou polos traballos da Asoar na limpeza de rías coa intención de visitar a Costa da Morte e difundir a nosa experiencia.

Unha experiencia positiva para ASOAR e para o sector

ASOAR-ARMEGA considera esta experiencia moi positiva, por canto existiu en todo momento da súa intervención unha gran expectación por parte dos europarlamentarios polo alí exposto, sen dúbida o sentir de uns pescadores que se senten afogados coa aplicación de normas e políticas mal orientadas cara a súa actividade, o que demostra que o sector pesqueiro artesanal debe ter voz propia en Europa, e amosar de primeira man o seu xeito de vida.

Invitación

Rodríguez deixou unha invitación enriba da mesa ata para a Comisaria de Pesca. Considera ademais que podería ser moi positivo que unha expedición tanto de políticos como de empresarios visiten a zona, pois pode servir como escaparate turístico fantástico para a nosa bisbarra.

Novas relacionadas

Limpando as nosas rías

Fonte

  • Nota de prensa de ASOAR-ARMEGA.

Comentarios