O Concello de Laxe solicita unha auditoría


Era un dos compromisos que pedía o BNG de Laxe para apoiar no pleno de investidura ao PSOE. E apenas unha semana despois da investidura, Antón Carracedo, alcalde de Laxe, vén de solicitar a auditoría das contas municipais ao Consello de Contas e á Deputación da Coruña. Unha auditoría que servirá para coñecer realmente o estado de contas as arcas municipais. Con ela coñecerase así a canto ascende a débeda e cales son as posibles solucións á parálise na que se atopa o Concello de Laxe.
Amosa o BNG a súa satisfacción, dende onde aseguran que están mantendo continúas reunións co alcalde para negociar as condicións do funcionamento do Concello durante este próximo mandato, "conversas que continuarán para a próxima semana", asegura Xosé Manuel Pose.
Novas relacionadas
Máis novas
- Laxe recupera o Atalajazz.
- Unha nova documental de Mandeo Records pechará a triloxía sobre o mar de Laxe.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Laxe.