Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O temporal chegou ao colexio de Laxe

O temporal chegou ao colexio de Laxe
Non pareceu demasiado, pero se ben por Malpica as olas chegaron aos 9 metros, en Laxe tamén se sentiu a Alerta Vermella por mar de fondo. De feito, o mar chegou ata o Colexio Cabo da Área, e a alarma está servida. Hoxe é o BNG de Laxe o que nos conta que trasladou ao Parlamento Galego e ao Congreso a necesidade dunha solución á situación, ademais do problema da area da praia no porto. Solución que segundo o BNG afunde "nunha liorta política na que nin o goberno municipal, nin a Xunta de Galiza nin o Estado" achegan as solucións que Laxe precisa. "O temporal que onte se deixou sentir en boa parte da costa galega pon de manifesto a necesidade de solucións ao problema da praia de Laxe", sentencia Xosé Manuel Pose, voceiro local. Cóntanos ademais que por unha banda, "o conxunto escolar Cabo da Area viu as ondas do mar a apenas uns metros dos nenos e nenas, que en distintas horas do día non se achegaron ás zonas de xogo máis próximas ao mar. No porto, os remuiños facían que as embarcacións atracadas no peirao da localidade se movesen constantemente, poñendo en cuestión a seguridade do porto", explica.

Novas relacionadass

Fonte

  • NOta de prensa da man de Xosé Manuel Pose, Responsábel local do BNG de Laxe.

Comentarios