Luns. 16.12.2019
El tiempo

O viño, o gran protagonista do mes de marzo no programa laxeiro Reláxese

O viño, o gran protagonista do mes de marzo no programa laxeiro Reláxese
cartel primer trimestre relaxese 2018 - concello de laxe Comeza o programa catas dentro do programa de inverno gastronómico e enolóxico “Relaxese”. Ese programa de desestacionalización da Consellería de Comercio, Hostalería e Turismo que ademais, dalle vida ao recuperado Museo do Mar. Este venres 2 e sábado 3 haberá sendas catas de viño no Museo do Mar de Laxe da man das D.O. Ribera del Duero e D.O. Valdeorras, respectivamente. Serán as dúas primeiras dunha serie de 8 catas neste marzo enolóxico. O vindeiro venres 2 de marzo ás 19:00 da tarde terá lugar a primeira cata de viños do mes de marzo. Será da Denominación de Orixe (DO) Ribera del Duero, coa Bodega Cruz de Alba, pertencente ó grupo Zadive. Estarán presentes o responsable de vendas, Francisco Rey, e dirixirá a cata o enólogo Sergio Ávila. O sábado ás 12:00, será a vez para a DO Valdeorras. Dirixirá a actividade a Bodega Pazo de Toubes, incorporada dende fai dous anos no grupo Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. Asistirán o delegado comercial, Andrea Poli, e o enólogo xefe Manuel Gómez. As catas celebraranse no Museo do Mar. Non se require inscrición previa para asistir. As prazas son limitadas, ata completar aforo.

Novas relacionadas

Comentarios