mércores. 07.05.2025
El tiempo

Orzamento dunhas festas: 125.000€

Orzamento dunhas festas: 125.000€
Cea da Comision de Festas de Laxe Orzamento Festas Laxe 2014

Así de claro presentaron as súas contas os membros da Comisión de Festas de Laxe. “É triste que algo tan normal e lóxico soe novedoso, pero é certo! A ver se comeza a ser unha práctica habitual :)” apuntan os propios membros cando lles felicitamos pola iniciativa, pero é que a transparencia non é a nota predominante nas Festas populares galegas. A ver se así, o alcalde de Mazaricos comproba que se poden facer unhas festas sen necesidade de tirar de caixa B, como el mesmo recoñecía trala Operación Orquesta.

A idea da cita do pasado sábado era a de esclarecer o estado das contas (gastos e ingresos), así como o estado da actual comisión. I é que “se as festas foron financiadas en gran parte coa colaboración económica dos veciños, éstes teñen dereito a coñecer cómo se administraron as súas aportacións”.

As cifras son rotundas, 125.000€ de ingresos e outros tantos de gastos. Os 80.000€ da cantina son o ingreso máis importante, pero ollo cos 25.000€ que doaron os veciños tralo “porta a porta”. Cando se quere arrimar o hombreiro pódeses.
En canto aos gastos, as Grandes Festas do ecuador de agosto, con 5 días de troula, a contratación da música foi o máis caro, con máis de 50.000€ en orquestras e grupos para o festival MareaRock. Ollo aos 6.500 en pirotecnia, un gasto que pode dispararse…

Ademais, a reunión aberta a toda a veciñanza servíu para invitar aos veciños a participar da mesma de cara a este ano. Seguro que no 2015, facendo as cousas así de ben, contan con máis apoios.

Un grupo que considera ”imprescindible a maior transparencia posible, xa que

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios