Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Heliportos de Emerxencia dos portos de Laxe e de Camariñas xa están en funcionamento

Os Heliportos de Emerxencia dos portos de Laxe e de Camariñas xa están en funcionamento

Non nos informan do estado das obras do heliporto de Lires, pero Portos de Galicia vén de facer unha visitia institucional ao Heliporto de Emerxencia de Laxe, xa en funcionamento. Trátase dun dos oito que se atopan a día de hoxe en funcionamento, entre os que se atopa o de Camariñas. Ademais os peiraos nos que xa están operativos os heliportos son os de Cedeira, Sada, Ribeira, Cabo de Cruz, Tragove e O Grove.

Unha vez activada esta primeira fase e de xeito paulatino durante os próximos meses, habilitaranse máis dunha ducia de heliportos de emerxencias. Estas instalacións conforman unha rede ao longo de toda a costa galega que permite reducir as actuais sombras de cobertura da navegación aérea, producidas pola falta de infraestruturas, a través da creación de bases supletorias para os helicópteros dentro das zonas portuarias. Aproveitando a superficie dos peiraos seleccionados, delimítase unha zona para despegue e aterraxe destes aparatos, que permite reforzar o servizo nas zonas costeiras de relevancia destacada.

As instalacións están autorizadas pola Axencia Aérea de Navegación, dependente do Ministerio de Fomento. Para a súa habilitación total, elimináronse elementos do mobiliario urbán das zonas portuarias e colocaronse dispositivos que facilitan as tarefas de despegue e aterraxe aos helicópteros, ademáis de sinalizar axeitadamente as zonas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Portos de Galicia.

Comentarios