Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Os mozos de Laxe aprenden a comunicar

Os mozos de Laxe aprenden a comunicar

Que importante é a comunicación. E se non, que nolo digan aos medios, que vivimos precisamente da palabra. Pois nesa liña vai a nova actividade artellada polo Concello de Laxe.

O sábado 28 de abril ás 16:30h, o Salón de Actos Municipal do Concello de Laxe acollerá un curioso obradoiro de Comunicación dirixido a mozos e mozas entre 16 e 30 anos de idade. A actividade realizada en colaboración coa Xunta de Galicia tratará, entre outros, os seguintes temas:

  • A comunicación verbal e non verbal (xesticulación, voz, movemento).
  • A importancia de saber transmitir.
  • A comunicación no grupo.
  • A transmisión de ideas.
  • Estratexias para perde-lo medo escénico.

Falar en público

A actividade é de especial interese para aquelas persoas que nalgún momento precisen facer exposicións en público (traballos escolares, proxectos universitarios, entrevistas de emprego, probas orais en oposicións, discursos, charlas, etc.) ou naqueles casos nos que o medo escénico provoca a discriminación grupal en situacións cotiás (exposición da propia opinión, presentación dentro dun novo grupo de amizade, etc.).

Máis información e inscrición

Os interesados e interesadas deben formaliza-la súa inscrición nas oficinas de Cultura da Casa do Concello ou ben no tfno. 981 706 903 (ext. 112). As prazas son limitadas e os asistentes recibirán un diploma de aproveitamento pola formación recibida.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Laxe.

Comentarios