Luns. 13.07.2020
El tiempo

Os Penedos cobran vida

Os Penedos cobran vida
Andaina polos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintans 2 Andaina polos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintáns

Fíxose realidade o lema da programación conxunta dos Concello de Laxe e Vimianzo para a posta en valor dos Penedos de Traba e Pasarela. Así o corroboraron os case 100 participantes da Andaina organizada este pasado sábado, que valoraron que todo o que viron son #moitomáisquepedras. A maioría da xente (chegados de varios puntos da provincia como Coruña, Malpica, Carballo, Camariñas, Cee, Laxe e Vimianzo) quedou absolutamente alucinada co que estaba vendo, pois se ben esperaban ver pedras curiosas, non contaban con formas tan espectaculares.

Antelo na Escola de Pasarela na saida da Andainda polos Penedos-Foto-Rafa Quintans Antelo na Escola de Pasarela na saida da Andainda polos Penedos-Foto-Rafa Quintáns

A xornada arrincaba da Escola de Pasarela. Alí, o alcalde de Vimianzo Manuel Antelo e a concelleira de Cultura de Deportes Marta Rey, e o edil de Turismo de Laxe Xosé Manuel Pose; e a deputada socialista Loli Toja, lembraron que este programa conxunto nace ante o incumprimento por parte da Xunta de realizar un plan de protección e divulgación dos Penedos de Pasarela e Traba, asociado á súa declaración como Paisaxe Protexida en 2008.

A ruta de sendeirismo foi novidosa en varios sentidos, por facela conxuntamente os Concellos de Vimianzo e Laxe, por subir aos tres picos dos Penedos na mesma ruta, e polos novos sendeiros abertos polo Concello de Vimianzo para camiñar desde Pasarela por vellos camiños de carro sen ir á pista principal. Deste xeito quedou aberto para todos os camiñantes un novo itinerario lineal que vai de Pasarela a Traba, sen saír do cordal montañoso dos Penedos, e que xa ten a ruta xeolocalizada no Google Maps.

Primeiro tocou visitar a zona da Cachucha, e o seu curioso anfiteatro natural, onde se viron os primeiros Penedos. Moitos xa quedaron impresionados pola gran mole granítica do “Barco”, á que tamén lle chaman “Balea” pola súa forma.

De aí subiuse á zona da Forcada e remataron a ruta na Torre da Moa. Os Penedos que máis impresionaron á xente, foron o “Cantor”, a “Pedra Multiforme”, o “Aguia”, o “Paiaso Triste”, o “Coello”, a “Dama” ou “Esfinxe”, o “Dromedario”, o “Pato”, o “Tiburón”, a “Osa”, o “Bico”… ademais, por suposto das impresionantes vistas do Val de Traba dende a Torre da Moa, e mais o cordal dos Penedos de Piñeo ou Braño e mesmo a vila de Muxía desde os Penedos de Pasarela.

Andaina polos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintans Andaina na zona da Cachucha-Foto-Rafa Quintans Vistas dende os Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintans Vistas dende os Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintans Expedicion da Andaina dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa quintans Expedición da Andaina dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintáns https://www.facebook.com/VimianzoTurismo/videos/280683856111394/?t=6

Concurso

Agora queda en marcha o concurso fotográfico, que terá tres premios, o primeiro de 500€. Para participar é necesario inscribirse a través de www.turismolaxe.gal ou www.vimianzo.gal.

Recital aprazado

Estaba previsto que este vindeiro sábado se pechase o programa o vindeiro sábado 27 co recital poético - reivindicativo da man de Manolo Rivas, pero este non vai poder estar polo que o Concello decidiu aprazalo aínda sen data.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/laxe-e-vimianzo-unense-para-reivindicar-os-penedos-como-moitomaisquepedras/

comentarios