Venres. 06.12.2019
El tiempo

Os valores “únicos” de Laxe

Os valores “únicos” de Laxe
Xose Manuel Pose Lema Concelleiro do BNG de Laxe Xose Manuel Pose Lema, Concelleiro de Laxe Falamos hoxe co Concelleiro do BNG de Comercio, Hostalería e Turismo, Xosé Manuel Pose Lema. Pose Lema entraba no goberno laxeiro, tras formalizar un pacto en novembro de 2016, e dende aquela non deixa de traballar na desestacionalización do sector turístico. Co programa Reláxese como paraugas, son variadas as frontes nas que traballa para atraer xente ao longo do ano: Arquivo Fotográfico Vidal, a gastronomía do Con Xe de Peixe, os Penedos de Traba e Pasarela, a ruta mineira, o Parque do Megalistimo, o jazz… ”A min ninguén me vai poder dicir que pasei polo Concello sen pena nin gloria”, recoñece vendo a cantidade de cousas que se están a facer. Pero o máis salientable da conversa, é comprobar o valor que lle dá ás cousas de Laxe, destacando como “únicos” varios dos seus puntos de interese.
  • QPC: Comezamos do concreto ao xeral. Como foron esas primeiras Xornadas Gastronómicas Con X de Laxe, Con Xe de Peixe? Foi boa a resposta? Que opinan os hostaleiros dos 9 establecimentos participantes?
Xornadas con Xe de Peixe no Escaravello de Laxe Xornadas con X de Peixe no Escaravello de Laxe Para ser a primeira actividade, moi ben. Este é un programa que trata de promocionar Laxe a todos os niveis. Se ben non deixa de ser máis importante a propia creción da marca, as Xornadas en si si que tiveron éxito. Vendéronse arredor dos 350 pratos, así que creo que os hostaleiros que participaron están contentos. E creo que non debería ser para menos, porque con ese sector estamos facendo actividades continuas. É certo que non están involucrados todos os hostaleiros, pero case. Na ruta de pinchos participan 12, se en todas as parroquias hai 24 locais, xa estamos no 50%. A nivel casco urbán estamos falando dun 60-70% de participación, e por suposto seguen as portas abertas. Nós facemos as actividades pensando en todos, pero tamén respectamos as decisións de cada un. Iso si, cantos máis mellor, porque a unión fai a forza, pero non podemos obrigar a ninguén a participar nalgo que non quere. Imaxe corporativa Con X de Peixe de Laxe Imaxe corporativa Con X de Peixe de Laxe  
  • QPC: Porque esto só é o primeiro paso para convertir eses 6 peixes con XE no novo escudo de Laxe, non é?
Efectivamente, pero ollo, que non falamos de cambiar o escudo heráldico. A idea é que sexa a imaxe máis coñecida de Laxe. Era unha teima importante, porque non participábamos nas feiras, e agora temos un produto que levar polo mundo. De feito, esta fin de semana imos á Feira Internacional de Turismo de Guarda (Portugal) onde promocionaremos Laxe con este produto.  Estaremos promocionando tamén a ruta do Pinchos que vai haber o 19-20 de maio, xunto coa marca en global. Imos dentro do stand da Deputación teremos un espazo propio cuns roll ups, e o domingo temos degustación do produto, a cargo de Belén Trigo da panadería Ben me sabe, empanada aberta de xarda. Con ela estaremos eu, María Mato, a técnica, e o alcalde dixo que se acercaría. E despois seguiremos traballando. Preparemos a conciencia a presencia no Xantar de Ourense do ano que ven e intentar ver as posibilidades de ir a FITUR. cartel primavera reLAXEse 2018 copia Cartel desta primavera do ambicioso programa Reláxese  
  • QPC: E todo, enmarcado no programa de desestacionalización Reláxese. Cóntanos un pouco como nacía o ano pasado esta idea e como se está desenvolvendo.
Era unha idea que recollía no programa das anterior eleccións o BNG. Tiñamos claro que había que apostar pola desestacionalización, porque o verán xa o temos cheo. Este verán imos facer actividades de todas maneiras. Pero pensamos que o principal que tiñamos que facer é traballar para traer xente todo o ano. O programa nacía en tempo récord. Eu entrei en novembro 2016 e en febreiro 2017 xa estaba funcionando. Un programa que está recibindo felicitacións de todas partes. A propia Directora da Axencia Galega de Turismo comentoume que lle chamou a atención, que era un produto único en toda Galicia, e cría que ese era o camiño. Pero bueno, axuda non nos dou ningunha. A nivel interno, aínda que Laxe é un concello coa súa propia indiosincrasia, vemos que hai xente que participa nunhas actividades e outra que participa noutras. Pero si que debe estar tendo boa acollida. Antes apenas había actividade, e agora hainas. Un luxo que moitas cidades se poden permitir ter unha actividade cada fin de semana.    
  • QPC: Dando vida ademais ao Museo do Mar, que levaba anos esquecido.
Cando eu me instalo no Concello o primeiro día falo cos técnicos María Xosé Mato e Joaquín Vidal, excelentes profesionais e gran parte do éxito deste Reláxese, e decidimos convertilo no centro neurálxico. Habilitar un espazo distinto onde facer actividades, dinamizacionalo, e poñelo en valor porque estaba esquecido. Agora abre todos os días de 13:00h a 15:00he e estanse dando pasos para darlle máis vida. De feito, o Museo xa está recollido na Rede Galega de Museos, conseguido dende esta área. En maio vai ao pleno de maio da Deputación unha nova equipación para o Museo. Queremos convertilo nun referente importante, non só da comarca de todo o país, se non de todo o estado, porque vai albergar algo único que é o Arquivo Fotográfico Vidal. Sacaremos a concurso o equipamento en canto se aprobe na deputación. Gustaríame que estivera para o verán, pero a burocracia é bastante lenta… Museo-de-Mar-de-Laxe-na-rede-de-Museos-Atlanticos O Museo do Mar de Laxe xa forma parte da rede de Espazos Museísticos Atlánticos  
  • QPC: Fálanos un pouco máis da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal. Comezamos polo esquecemento secular que levaba sufrindo. Onde estaba ese patrimonio? Como se foi recuperando? Que plan temos por diante neste 2018, ano de recuperación do Arquivo?
Calcúlase que o Fondo completo debe ser 67.000 fotografías. Nós temos xa cerca de 60.000, grazas unha doazón da familia, dos herdeiros, que cunha absoluta xenerosidade decidiron que eso estivera en mans municipais, e o que estamos facendo é blindalo para que quede para o resto dos días, que ninguén poida facer ningunha loucura con el. Quedará como parte da historia de Laxe, da Costa da Morte e de todo o país, pois recolle o paso do tempo, como se foi modificando a sociedade, entre os anos 20 e os anos 80. Boa parte do arquivo é de José Vidal, pero tamén hai algunha foto anterior de Plácido. Arquivo-Vidal-no-Museo-do-Mar-de-Laxe O Museo do Mar albergará o Arquivo Fotográfico Vidal É un arquivo dunha riqueza inmensa. Cando conseguimos incluílo na Rede Galega de Museos tivemos 3 auditorías, unha da Xunta e outra externa encargada da Xunta, e todas coincidiron en que o arquivo Fotográfico Vidal é único. A directora do Museo Massó de Bueu, Covadonga López de Castro recoñeceu que o forte de Laxe é o Arquivo Vidal, e sinalounos que cunha liña correcta de traballo, falando a medio prazo, poderíamos ser un referente en Europa. O Museo do Mar terá a primeira planta enteira adicada ao Arquivo, con dous grandes bloques táctiles gráficos, co arquivo completo para visualizar. E aínda falta a última doazón que nos anunciou a familia, que son todas as máquinas que tiñan. Paralelamente, xa está aprobada a Deputación a publicación do libro “José Vidal, unha vida dedicada á fotografía”, feito por Xan Fernández Carrera ao que estamos eternamente agradecidos. Espero que en setembro poidamos ter o libro. Ademais, vai levar unha exposición paralela propia. Coa axuda do GALP, imos facer unha exposición de 70 fotografías grandes de temática mariñeira de Vidal, que vai percorrer toda a rede de museo mariñeiros. Inaugurarase en Laxe, e irá a Ílhavo, Portugal, para seguir percorrendo o país. E se faltaban cousas por facer estamos xa en trámites avanzados de convertir o Arquivo Vidal en Ben de Interese Cultural, agardemos ter esa nova pronto.   Torretas que ainda quedan en pe dos caolins de Laxe- Foto- Jose Manuel Ojen Torretas que aínda quedan en pe dos caolins de Laxe- Foto- Jose Manuel Ojen
  • QPC: Fálanos agora a idea de recuperar a ruta mineira como un recurso?
Xa no primeiro do 2017 presenteille á Deputación un proxecto de recuperación dos poucos vestixios que quedan da mina de caolín como recurso turístico. Hai un problema que están en fincas privadas. Haberías que declaralas Ben de Interese Cultural, ou solicitar a cesión por 25 anos, e niso estamos. A miña intención é que ao final da lexislatura haia xa unha ruta creada. A idea é facer unha ruta circular que está xa deseñada, fácil, pois todos os recursos están ao lado de camiños transitables. Este trimestre temos unhas xornadas específicas, cunha mesa redonda sobre o tema, para seguir afondando en conseguir que se recupere, que se restaure e que non se siga deteriorando o pouco que queda. Así llo dicía eu á Directora Xeral de Minas, que poucos proxectos de turismo mineiro había en Galicia. Chegueille a dicir que eu non me considero responsable se se perden, pero si que o serían as administracións que non colaboren para recuperalos.  
  • QPC: E que imos dicir dos Penedos..
Os Penedos… outra auténtica marabilla. Un lugar único, como recoñecen o libro do SEMESCOM. Manolo Rivas defíneo como “o sinal que deixan os dedos do tempo, o paso da historia”, e chegou a dicir que "se Chillida viñese aos Penedos, dedicaríase a outra cousa". Só hai en Galicia 3 espazos declarados como Paisaxe Protexida. A Xunta lavou a mans, catalogouno e non fixo nada. Nós estamos facendo cousas. O ano pasado limpamos a nosa parte (Vimianzo xa o fixera o ano anterior), e sinalizamos todas as pedras do noso municipio. Agora, despois da mesa redonda intentaremos plasmar un documento para impulsar o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela, que anda nalgun caixón. Faremos unha ruta específica, co traballo entre os técnicos, a nosa María Xosé Mato e o vimiancés Víctor Santos, un acción conxunta dos dous concellos para esixir a colaboración da Xunta. De feito a estas xornadas á Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, pero por agora non temos resposta. Como concelleiro de turismo que son, sei que no futuro será un dos grandes reclamos de Laxe, de Vimianzo e de todo o país, porque é un enclave natural único. Polo de pronto, de cara ao verán é facer visitas guiadas polos Penedos. Que sexan os hoteleros os que poidan ofrecer estas rutas.  
  • QPC: E fáltanos falar do Parque do Megalitismo.
Efectivamente. Estamos poñendo en valor o dolmen xa catalogado da Fornela dos Mouros, situado na parroquia de San Simón de Nande, cerca del lugar de Aprazadoiro. E preto, a 1 km, temos un petroglifo único, pois é a única escena de caza en toda a comarca. Aínda non lle sabemos o nome, como tampouco llo sabemos a outro petroglifo que hai moi preto ao que lle falta a tapa de arriba. Imos facer unha ruta triangular que vai entrar no Parque do Megalitismo da Costa da Morte. Dolmen laxeiro da Fornela dos Mouros Dolmen laxeiro da Fornela dos Mouros

Máis novas laxeiras

Fonte

Comentarios