Venres. 27.11.2020
El tiempo

Paula Toja proclamouse campiona galega xuvenil de Surf en Caión

Paula Toja celebrando o título de campiona galega xuvenil de surf en Caión
Paula Toja celebrando o título de campiona galega xuvenil de surf en Caión
Paula Toja proclamouse campiona galega xuvenil de Surf en Caión

A pasado fin de semana celebrouse en Caión (Concello de A Laracha) o Campionato Galego Xuvenil de Surf. Déronse cita un total de 90 surfistas que pelexaron en 7 categorías diferentes: Alí Paula Toja acadou o título de Campiona Galega sub18 feminino.

Un gran paso para a nosa deportista, despois de que o pasado mes de agosto xa representara a Galicia na cita máis importante do surf nacional, celebrada en Valdoviño, na Praia da Frouxeira. Ademais, en 2018 acadou o bronce na súa categoría autonómica.

Paula Toja campiona galega xuvenil de surf a

Paula, que pertence o clube RSM Surf Coach de Pantín, criouse en Ferrol, zona de grandes surfistas e onde incluso se celebra unha proba do Campionato do Mundo, a Pantín Clasic. Pero seu apelido delata a súas raíces laxenses na Costa da Morte. De Laxe é orixinaria toda a súa ampla familia paterna e onde pasa parte do verán e das súas vacacións, e de cando en vez, saca a táboa por Soesto.

Paula, empezou co deporte no mundo Futsal, co Fervenza; e pasou polo Racing de Ferrol. Daquela xa surfeaba, e comezou a competir con 10-11 anos, co seu primeiro adestrador, o internacional ferrolán Luís Rodríguez. Dende hai uns anos está ás ordes de Rubén Sanmartín Mallobre, da escola de Pantín.

Por agora surfea por diversión e sen presión ningunha, e agradece a colaboración da marca ferrolá Crest Surfboard.
En todo caso, seu pai, Suso Toja, valora que “eu prefiro non meterlle ningunha presión, porque ademais para vivir disto tes que ser moi bo moi bo, e case habería que irse a outra parte porque aquí non podes adestrar todo o ano; e ademais necesitas grandes patrocinadores”.

De calquera xeito, seguro que non é o último título da surfista laxense-ferrolá.

Novas relacionadas

comentarios