Podemos denuncia unha presunta irregularidade na contratación do SAF no Concello de Laxe
O edil de Podemos Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, vén de presentar no Consello de Contas e e o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, unha denuncia por supostas irregularidades dos contratos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e da subministración eléctrica do Concello de Laxe.
Segundo o grupo, o Concello de Laxe adxudicou un contrato menor para o SAF, con data de finalización do 31/12/2018, e desde entón, o grupo de Goberno do PP non o sacou a licitación pública, incumprindo presuntamente a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, na que se establecen as seguintes limitacións para os contratos menores (non son prorrogables, non poder duración de máis dun ano, e non poden superiores a 15.000 euros).
”Ao noso xuízo, esta modalidade de contratación non é a axeitada para un servizo básico coma o SAF, permanente e continuado no tempo”, lamenta. “Ademáis, entendemos que dificulta realizar o seguimento e control do mesmo e impide que outras empresas poidan concorrer a levar a cabo un servizo”, que, por outro lado consideran que debería ser xsestionado de forma directa polo Concello.
”Troceando contratos”
De igual maneira, Podemos denuncia que “o Concello trocea o contrato de subministro de enerxía eléctrica en varios contratos menores, o cal pode incurrir nunha irregularidade manifesta”.
Así lamenta “a falta de transparencia” e a falta de respecto pola “libre competencia” para conseguir contratos públicos que provoca o Concello laxense.