Venres. 26.04.2024
El tiempo

Podemos Laxe pide recuperar o proxecto do Polígono Empresarial

Fernando Regaldie con Beatriz Sestayo de SEA
Fernando Regaldie con Beatriz Sestayo de SEA
Podemos Laxe pide recuperar o proxecto do Polígono Empresarial

Fernando Del Moral Regaldie mantivo esta semana unha reunión coa xerente do Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, para coñecer de primeira man os intentos de creación de este proxecto e a situación actual do mesmo.

Para o voceiro e candidato á alcaldía de Podemos Laxe “é primordial retomar o proxecto de Parque Empresarial en Laxe”, pensando no “futuro laboral da xuventude laxense”.

Regaldie considera que o proxecto, que existiu en anteriores lexislaturas e “non se levou a cabo por falta de vontade política, se pode retomar”.

Regaldie entende que se “trataría dunha infraestrutura que se realizaría cumprindo todos os requisitos medioambientais que esixen hoxe en día as normativas da Unión Europea respecto á transición ecolóxica: fomento do autoabastecemento de enerxía e a reciclaxe das augas como exemplo”.

Comentarios