Venres. 29.03.2024
El tiempo

Galiza Nova CDM manifesta o seu rexeitamento contra a Constitución

Galiza Nova CDM manifesta o seu rexeitamento contra a Constitución
Praza da Constitución o Praza da Galiza? Así se manifestaron os membros da entidade Galiza Nova Costa da Morte e Galiza Nova Bergantiños. Tanto en Cee coma en Carballo, os nomes das rúas foron modificados demostrando o pensamento da agrupación xuvenil. Un pensamento que pasa por deixar claro que o día 6 de decembro “os galegos e galegas non temos nada que celebrar, porque a Constitución española perpetúa a discriminación de Galiza no Estado español e négalle á nación galega o exercicio dos dereitos que lle corresponden”.

Novas campañas

Así a Secretaria Xeral de Galiza Nova poñerá en marcha unha campaña de actividades que baixo o lema “A nosa lingua, a nosa nación. Autodeterminación!” percorrerá todas as comarcas do país. Todo isto completaráo a posta en marcha do documento de identidade galego. Deste xeito, a partir do 6 de decembro, de maneira rápida, fácil e gratuita, as galegas e galegos poderán dispoñer a través dos seguintes enderezos que Galiza Nova porá en marcha www.dnigalego.org e www.dnigalego.com, así como a través da propia páxina web www.galizanova.org. Aquí embaixo vemos un Mural no I.E.S Agra de Raíces con motivo da campaña de Galiza Nova.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa dos responsables comarcais de Galiza Nova Bergantiños e Costa da Morte, Pablo Vázquez Acosta e Antía Insua.

Comentarios