A rápida intervención evita que un incendio provocado en Laxe afecte ás casas

12:57 19/10/20
Eran as 6:15h cando saltaba a alarma dun incendio que podería afectar ás casas na zona de Piñeiro, na parroquia de Serantes, en Laxe.
A rápida intervención das Brigadas Forestais e a motobomba, así como de Protección Civil, Gardda Civil e Policía Local, permitiu controlar rapidamente o incendio e impedir que chegase ás casas. O incendio afectou aproximadamente a 1 hectárea.
Sobre as causas, as forzas de seguridade, aseguran que foi “intencionado seguro”, pero coma sempre, será moi complicado depurar responsabilidades e atopar ao culpable.
A media mañá, e debido a alerta amarela por vento, as brigadas seguían arrefriando a zona.