Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Recoñecemento para os dous Garda Civís que rescataron a dúas mozas en Rebordelo

LAXE_Imaxe recepción axentes da Garda Civil-Juan Antonio Nogueira Beade e Alberto Lago Louro
Recoñecemento para os dous Garda Civís que rescataron a dúas mozas en Rebordelo

O pasado domingo, dous Gardas Civís do Posto de Laxe participaban activamente no rescate de dúas mozas que quedaran illadas nas rochas de Rebordelo. O Concello de Laxe quixo facerlle un recoñecemento, e onte, o rexedor, José Luis Perez Añón, recibiu no salón de plenos da Casa do Concello aos dous axentes.
Juan Antonio Nogueira Beade e Alberto Lago Louro, ambos adscritos ao posto do instituto armado de Laxe, foron os primeiros en chegar á zona más abrupta do areal onde se atopaban dúas mulleres, unha delas menor, que se viron atrapadas entre as rochas mentres realizaban bodyboard.

Desde o Concello de Laxe quen agradecer e recoñecer o gran labor de ambos os dous axentes, quen demostraron valentía, tesón e dilixencia durante un complicado rescate que durou máis de 40 minutos.

 

--

Comentarios