Venres. 29.03.2024
El tiempo

As sendas de Laxe e Soesto non estarán listas ata comezos de 2023

obras sendas laxe 1
As sendas de Laxe e Soesto non estarán listas ata comezos de 2023
Xa están en marcha, pero as sendas de Serantes e Soesto, en Laxe, non poderán estar rematadas ata comezos do 2023. Así o anunciaba hoxe a Conselleira Ethel Vázquez na súa visita ás obras. Unhas obras, ao ao longo da AC-433, que contan cun orzamento de 335.000 euros, e que contan cun prazo de 8 meses.

Serán apenas 1,3 quilómetros de novos itinerarios peonís, que darán acceso á igrexa e o cemiterio; e á praia de Soesto. 

A de Soesto, de 600 metros, unirá os lugares de Arrueiro e Castrelo. A de Serantes, de 720 metros, pola marxe da estrada actual, realízase entre os núcleos de Conlle e O Piñeiro. 

Comentarios