Venres. 19.04.2024
El tiempo

Someten a exposición pública os proxectos das sendas peonís de Soesto e Serantes

Ethel Vazquez-Laxe
Someten a exposición pública os proxectos das sendas peonís de Soesto e Serantes

Visitaba onte Laxe a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para lembrar que se someten a información pública os proxectos das sendas de Soesto e Serantes.

Os titulares das 19 fincas afectadas polo proxecto e todos os interesados dispoñen de prazo ata o vindeiro 11 de agosto para presentar as súas achegas. A partir de aí, continuarase cos trámites necesarios, co obxectivo de licitar as obras a finais de ano para a súa execución en 2022. Os traballos contarán cun período para a súa execución de 8 meses.

A senda do núcleo de Soesto conectará os lugares de O Rueiro e Castrelo a través dun itinerario de preto de 600 metros que se construirá pola marxe esquerda da vía, no treito máis urbanizado e, tamén, o que empregan os veciños para ir á praia de Soesto.

No caso de Serantes, a senda executarase ao longo de algo máis de 700 metros pola marxe da estrada actual, pero apoiada na antiga traza, entre os núcleos de Conlle e O Piñeiro. Neste caso, a conselleira precisou que o itinerario irá pola marxe dereita, para facilitar a conexión coa igrexa de Santa María de Serantes e o cemiterio.

Laxe- conselleira

Comentarios