A Torre de Laxe abre as portas aos eventos de empresas

09:04 01/11/23
Rematou a temporada alta de bodas, bautizos e comunións, e espazos tan singulares como a Torre de Laxe necesita abrir o abano de actividades de cara ao inverno. Esta temporada, mentres coida as novas Cabañas que tan ben funcionan por outono, inverno e primavera, a rexedora do establecimento, Carmen Pose, quere darlle un impulso centrando a oferta nos eventos de empresa.
Así ofrecen o complexo completo para albergar un evento grande ou pequeno, cun salón acristalado que acolle ata 300 persoas, un equipamento exterior completísimo, e mesmo 22 habitacións (entre o hotel, casas e cabañas) para albergar aos asistentes.
