![marea-rock]()
A
comisión de festas de Laxe decidiu recuperar o festival
Marea Rock dándolle un xiro no seu tipo de música.
A festa terá lugar o xoves
14 de agosto, víspera do día grande de Laxe, e comezará xa pola tarde co grupo Patxaranga animando coa súa música polas rúas da vila. Pola súa banda, Ce Orquesta Pantasma será a encargada de animar os máis pequenos cun espectáculo infantil.
O prato forte do Marea Rock chegará á noite con Ce Orquesta Pantasma, os laxenses Troleblús, a música rockabilly de Mad Martin, Novedades Carmiña e para rematar Chotokoeu.