sábado. 30.05.2026
El tiempo

A Xunta outorga a Caolines de Vimianzo outro permiso de investigación mineira en Fornelos

Plataforma contra a mina de Coens na Deputacion
Plataforma contra a mina de Coéns na Deputación
A Xunta outorga a Caolines de Vimianzo outro permiso de investigación mineira en Fornelos

Mentres a plataforma veciñal de Coéns leva meses pelexando por impedir o proxecto mineiro de Coéns (este a veciñanza estivo presente no pleno da Depuración onde foi aprobada unha moción para ratificar a posición en contra da mina presentada polo BNG, cos votos a favor do PSOE e de Alternativa, e os votos en contra do PP) a Xunta segue convertindo Galicia nunha mina.

Vén de publicar o DOG na mañá do venres a aprobación do permiso de permiso de investigación “Jorge Reyes núm. 7148” á empresa Caolines de Vimianzo, S.A. (Cavisa). É dicir, Caolines poderá investigar a presenza de materiais na zona de Fornelos, entre Baio e Laxe.

O DOG recolle “o permiso de investigación dos recursos mineiros caolín, mica e minerais asociados, por un período de 3 anos e sobre unha superficie de 6 cuadrículas mineiras” (que afecta aos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas). Ademais o DOG recolle a aproboación do “proxecto de investigación e autorizar o plan de restauración incluídos no documento Permiso de investigación Jorge Reyes. Refundido do proxecto de investigación, asinado en maio de 2013 polo enxeñeiro técnico de minas Francisco Javier Martín Domínguez”.

A Xunta unicamente esíxelle á empresa unhas garantías económicas de arredor 22.000€ “para responder do cumprimento das obrigas de financiamento e viabilidade dos traballos mineiros”, e de apenas 5000 euros para “responder do cumprimento do Plan de restauración dos labores de investigación previstos.”

A Plataforma en Contra da Mina de Coéns e o colectivo Contramínate, presentarán un recurso contencioso administrativo.

Máis novas da loita veciñal

Comentarios