xoves. 29.01.2026
El tiempo

A Xunta ponse a facer "estudo integral" sobre o asolagamento da lagoa de Traba despois de meses de denuncias do BNG

Na Lagoa de Traba
Membros do BNG na Lagoa de Traba
A Xunta ponse a facer "estudo integral" sobre o asolagamento da lagoa de Traba despois de meses de denuncias do BNG

Levou o BNG esta mañá de xoves ao Parlamento de Galicia a saturación da lagoa de Traba. O grupo alerta que os desbordamentos xa atravesaron a estrada e asolagan terras de labranza. “Como siga chovendo máis, vai entrar a auga nas casas”, sinalaba o deputado Oscar Insua na Comisión de Ordenación Territorial, criticando a “deixadez” da Xunta e “estado de abandono” no que se atopa este espazo natural, declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Natura 2000.

O sistema lacunar de Traba, formado polo río do mesmo nome e o rego de Vao, sofre un forte deterioro ambiental pola falta de mantemento das súas ribeiras e pola colonización vexetal descontrolada que estanca o réxime natural das augas. Esta situación está a provocar unha perda progresiva de biodiversidade e tamén importantes problemas para as fincas agrícolas circundantes, que permanecen asolagadas gran parte do ano.

Insua lembrou que levan esperando 6 meses por accións concretas, pero o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique Luís de Salvador Sánchez, limitouse a sinalar que a Xunta vai analizar a situación da lagoa de Traba, en Laxe, no marco do plan de humidais, a través dun "estudo integral" e "a partir de aí, tomar decisións”. De Salvador dou conta doutras actuacións realizadas polo Goberno galego noutros lugares, e dixo que “antes de actuar, teñen que estudar a situación”, coma se non pasasen 6 meses dende a primeira vez que o BNG preguntou polo asunto ou 2 meses dende que o grupo denunciou a situación

O BNG reclama, pois “actuar de xeito urxente, non que a Xunta se demore no tempo facendo estudos que xa deberían estar feitos”.

Máis novas

Comentarios